sábado, 25 de xullo

-Hoxe es el Día da Patria o Día da Patria Galega ou Día Nacional de Galicia!!! A falar en galelooooo!!!! "A festa maior de Galicia, a festa de todos os galegos".

Era o ano 893 cando el-rei Afonso III lle fai doazón á igrexa de Santiago da vila de Areas. No 1311, Fernando IV concédelles aos arcebispos de Santiago o señorío sobre a cidade. En 1846, A Xunta Superior do Goberno de Galicia proclámase soberana. No 1908 redáctase o Regulamento Xeral da Exposición Rexional de Productos artísticos e industriais de Galicia. En 1909 inaugúrase en Santiago a Exposición Rexional Galega. Alí exhíbense productos artísticos e industriais de Galicia.
Pero as orixes da celebración como tal desta xornada remóntanse ao 1920, ano no que as Irmandades da Fala organizan o primeiro Día de Galicia como acto de afirmación da nosa identidade colectiva.
A II Asemblea Nacionalista acorda institucionalizar o ‘Día da Patria o 25 do mes de Santiago’. Dende esta primeira convocatoria, as manifestacións organizadas para conmemorar o Día da Patria estiveron sempre condicionadas pola situación política do momento, aínda que sempre co eixo central da reivindicación dos símbolos e a identidade do país.
Nos anos 21 e 22 celébrase sen obstáculos. Con liberdade e ata con certa esperanza de renovación. Coa dictadura de Primo de Rivera os anceios vense freados e o endurecemento da política impide as celebracións ata 1931. Retoman entón as Irmandades o seu discurso sobre os valores galegos. “O Día de Galicia. O día da Nosa Fala Nacional”, así o definen.
Non é unha festa máis para adourar un ídolo ou un fetixe...É a evocación das antigas arelas de liberdade, renovadas ao longo das centurias nos peitos fidalgos e nos nobres espíritos, Roberto Blanco Torres (A Nosa Terra, 1923).

-Esta madrugada tuvimos al "cuerpo" controlando la noite de Ons. ¿Seguirán teniendo fuerzas para esta noite?
0 Responses

Publicar un comentario